O alcalde de Ponte Caldelas supervisa a pavimentación do viario de Laxoso de Abaixo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
O alcalde de Ponte Caldelas na visita ás obras

O alcalde de Ponte Caldelas na visita ás obras

O Alcalde de Ponte Caldelas Perfecto Rodríguez acompañado do Tenente Alcalde e concelleiro de obras Francisco Regueira, supervisaron onte a mellora realizada no camiño de Laxoso de Abaixo, nese núcleo rural do municipio.

A actuación consistiu na pavimentación do camiño con aglomerado en quente ademais da correspondente limpeza de marxes e cunetas. A lonxitude do camiño pavimentado é de 500 metros lineais e tiña con anterioridade un asfalto en mal estado. Nos últimos anos pavimentáronse xa outros camiños de Laxoso, e este era o único que quedaba co firme deteriorado.

A actuación supuxo un investimento de 34.240 euros e foi financiada a través do Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial.

Con esta actuación o Concello continúa cun importante plan de mellora de distintos viarios municipais, a través de distintos plans de obras en colaboración coa Deputación ou coa Xunta, co obxectivo de renovar o firme daqueles camiños interiores das distintas parroquias que se atopaban en peor estado.

Están a realizarse durante este verán actuacións similares en Tourón, Contixe, Forzáns, A Insua, Esfarrapada, Baltal e outros lugares do municipio.

23 de xullo de 2014 | 13:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.