O 5 de agosto comeza a retirada de residuos da canle do río Lérez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Logo da reunión mantida este luns entre as empresas concesionarias da recollida do lixo e de suministro de auga potábel, Cespa e Viaqua, cos técnicos municipais e a empresa de mergulladores que limparán o río, acordouse trasladar para os días 5, 6 e 7 de agosto os labores de limpeza do río Lérez entre a praia fluvial e a ponte da Barca. Tamén se limpará o cauce do río Rons, na súa desembocadura no Lérez.

Os técnicos estudaron a influenza das mareas nestes traballos a acordaron que sería máis idóneo a primeiros de agosto. Está pendente de pechar as horas exactas nas que os mergulladores poderán supervisar os fondos do Lérez.

O obxectivo destes traballos de limpeza da canle do Lérez é retirar todos aqueles elementos de arrastre do río ou que acabaron ao río: ramas, troncos, valados, sinais…

Esta actuación é unha das primeiras recollidas no Observatorio da Calidade Urbana presentada este ano polo concelleiro de Ordenación do Territorio, César Mosquera. Este observatorio ten por obxectivo acadar a maior cantidade e calidade de información sobre a situación da calidade urbana e da súa evolución.

24 de xullo de 2014 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.