O 25 de xullo celebrarase a fase final do Campionato Galego de Balonmán Praia en Portonovo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSanxenxo
A-
A+

Chegou o momento da verdade. Despois de cinco torneos clasificatorios, de moito esforzo e grandes momentos de balonmán praia, xa se coñecen os nomes dos equipos clasificados para a disputa da fase final da cuarta edición do Campionato Galego de Balonmán Praia, que se celebrará o venres 25 de xullo en Portonovo (Praia de Baltar). En xogo, o título de campión galego e una praza para participar no Campionato de España de Balonmán Praia sénior, que se celebrará en Laredo (Santander) os días 2 e 3 de agosto.

sí que todos os equipos acoden á cita (a partir das 9 horas) con moita ilusión e interese. Na categoría masculina os equipos clasificados son: PTV HandStrand, Sin Semilla, BM Praia Painkillers, A Pousada do Couto, Tapería Abordaje, BMP Panchitos, Molubesa Bueu Atlético e Pescados J.M. Rodríguez. Na feminina, os oitos equipos que lograron a súa praza para disputar a final de Portonovo son: Waterfuckers 2.0, El Bunga, Espartanas, Las Merengue Merengue, As de sempre, Ackalo-Painkillers, 100 x 100 Animal e Caselas. O torneo comezará as dez da mañá en dous campos dispostos na Praia de Baltar e a festa do balonmán praia finalizará coa celebración das dúas finais. A feminina terá lugar as 19:00 e a masculina, media hora máis tarde.

No ano 2013, Ptv HandStrand, na categoría masculina, e El Bunga, na feminina, proclamáronse en Nigrán campións galegos de balonmán praia. Este ano volven a partir como favoritos na loita polo título, segundo estiveron demostrando nos torneos clasificatorios.

23 de xullo de 2014 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.