O 21 de xullo finaliza o prazo para apuntarse á excursión aos Canóns do Sil
O vindeiro luns, 21 de xullo de 2014, é o último día para que os interesados poidan apuntarse á excursión que organiza o Concello da Baña aos Canóns do Sil o próximo 26 de xullo. Os veciños e veciñas interesados poderán inscribirse antes desa data na Concellaría de Cultura. A viaxe está dirixido a persoas de todas as idades. Os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto. A excursión percorrerá Castro Caldelas e o seu Castelo de Lemos, unha visita ás Adegas Ponte da Boga con cata de viño, os Canóns do Sil con percorrido en catamarán e unha parada no centro histórico de Monforte de Lemos. A saída está prevista para o sábado 26 de xullo ás 8.00 horas desde a Praza do Concello da Baña. O prezo será de 25 euros e inclúe transporte, comida, viaxe en catamarán, seguro de viaxe e guía.