O 2 de agosto regresa o Festival Rock in Cambre
O concelleiro de Cultura, Santiago, presentou hoxe o cartel para o Rock in Cambre 2014 que terá lugar no campo da feria o día 2 de agosto e será de balde. O Cartel estará formado por Rosendo, Loquillo, Obus ademáis dos grupos locais seleccionados Malasombra e Efecto Inverso.
O festival que presenta a Concellería de Cultura é sen dúbida un dos mellores eventos musicais de Galicia xa que un ano máis se dan cita no centro do municipio grupos de rock de reconocido prestixio internacional.
Por outra banda, un xurado profesional elexiu a dous grupos locais “Efecto Inverso” e “Malasombra”, que participarán no Festival Rock in Cambre e ademáis grabarán una maqueta subvencionada polo concello.
Ríos, asegurou que o cartel pode competir con calquer festival de rock da península pola calidade dos artistas que coincidirán este ano en Cambre. “Creo que é un dos mellores carteis de Rock de toda a península, poque nun só día xuntaranse no campo da feira tres grupos de gran prestixio nacional do panorama rock”, apuntou Ríos. O Festival comezará ás 19.30 horas coa actuación dos grupos locais e as 21.30 o farán Rosendo, Loquillo e Obus ata a madrugada. A Concellería de Cultura espera a asistencia de 8.000 persoas e as forzas de seguridade establecerán un dispositivo especial para ese día. Ademáis, decenas de voluntarios como cada ano participarán neste dispositvo que velará pola seguridade dos asistentes á cita musical.
A organización do festival recomenda o uso de trasporte público por medidas de seguridade. As persoas que desexen empreñar o trasporte público para achegarse ao Rock in Cambre, poderán facelo a través do autobús A Coruña- Cambre en horario habitual. A Concesionaria do servizo de trasporte reforzará e aumentará a súa flota de vehículos cando sexa preciso. De forma extraordinaria estará disponible a línea A Coruña-Cambre sen paradas nos siguintes horarios: 24.00, 1.00, 2.00, 3.00 e 4.00 e 5.00 da madrugada.











