Novas instalacións deportivas na Casa da Mocidade de Allariz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllariz
A-
A+

A Casa da Mocidade crea novos espazos deportivos para que este verán os mozos e mozas da vila conten coas mellores instalacións posibles.

A reforma constará dunha ampliación das canchas de fútbol e baloncesto, xa que se contará con novas porterías e canastras para a práctica de ditos deportes. Dende o Concello, preténdese con esta reforma, garantir aos rapaces e rapazas unhas condicións óptimas para o deporte en verán.

A Casa da Mocidade, amplía así os seus servizos e instalacións e permite a todo aquel que o desexe a práctica de deporte de forma completa e segura.

14 de xullo de 2014 | 13:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.