Nova xunta directiva da agrupación de voluntarios de Protección Civil de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín celebrou unha sesión extraordinaria destinada á elección da nova xunta directiva para os vindeiro catro anos, que foi votada polos/as propios/as voluntarios/as que conforman a agrupación.

Este proceso electoral democrático foi realizado tras a aprobación por unanimidade dos novos estatutos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín, tanto por parte dos/as voluntarios/as que a conforman como polos membros da corporación municipal na última sesión plenaria do Concello de Verín -celebrada o pasado 20 de xuño-. Esta nova xunta directiva estará conformada polos seguintes integrantes: Manuel Alfonso Araujo (presidente), Belén Sánchez Belinchón (secretaria), Javier González Freiría (tesoureiro), Luis Ossorio Augusto (vogal) e Demetrio Borrajo Padrón (vogal).

Entre os obxectivos próximos desta nova xunta directiva están: incrementar o número de novos/as voluntarios/as na agrupación, acadar melloras nos medios e infraestruturas, continuar a realizar operativos e actuacións formativas do voluntariado, ademais de efectuar charlas de prevención e autoprotección e primeiros auxilios entre diferentes colectivos e asociacións.

30 de xullo de 2014 | 12:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.