publicidade hoxe

Nova edición da Escola de Verán de Piñor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPiñor
A-
A+

O Concello de Piñor informa da posta en marcha, un ano máis, da Escola de Verán. Consiste en ofrecer clases a alumnado da ESO co obxectivo de que preparen as materias pendentes para setembro, fomentando así o éxito escolar na mocidade e previndo o abandono escolar. O proxecto dará comezo o vindeiro luns 14 de xullo e desenvolverase ata o 29 de agosto, no Centro Social, no seguinte horario:

-Luns: de 16:30h a 18:30h

-Mércores e venres: de 10:00h a 14:00h

En anos anteriores contábase co apoio e financiamento da Consellería Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, pero ante a eliminación das devanditas subvencións para a redución do abandono escolar para ano 2014, dende o Concello de Piñor vaise a continuar ofrecendo este servizo, cos esforzos que isto supón, pois as familias é un recurso que están a demandar e con el contribuirase de forma importante á educación da mocidade.

Para participar na III Escola de Verán toda persoa interesada pode comunicalo nos Servizos Sociais, onde se formalizará a inscrición.

4 de xullo de 2014 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.