Nigrán despide o mes de xullo con cine e padle surf
Nigrán despide o mes de xullo cunha nova saída de padle surf mañá mércores 30 ás 11.00 horas pola punta de Monteferro. O prezo por persoa é de 20 euros -16 euros para os empadroados en Nigrán-, e inclúe todo o material necesario e seguro. Pola noite, veciños e visitantes poderán gozar de forma gratuíta dunha nova xornada de cine, coa proxección da película Lluvia de albóndigas 2.











