Neira Vilas homenaxea a Díaz Pardo coa “crónica dunha fecunda amizade”

Novo libro de Xosé Neira Vilas

Novo libro de Xosé Neira Vilas

Xosé Neira Vilas, un dos grandes da literatura galega, presenta este mércores ás 20 h no Hotel Monumento San Francisco de Santiago a súa última obra, Isaac Díaz Pardo. Crónica dunha fecunda amizade, dispoñible xa nas librarías de Galicia.

Na presentación o autor estará acompañado do presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; o profesor e secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o editor da obra, Antonio Couto.

A publicación, de 426 páxinas, estrutúrase en dúas partes, diferenciadas visualmente pola cor do papel, máis clara na primeira parte, onde o autor relata a súa relación con Díaz Pardo máis escura na segunda, onde se transcriben as case 300 cartas cruzadas polo matrimonio Neira Vilas – Anisia con Isaac Díaz Pardo. O libro é, por tanto, a crónica dunha amizade pero é tamén unha homenaxe a un dos grandes artistas galegos de todos os tempos.

8 de xullo de 2014 | 13:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.