publicidade hoxe

Neda incorpora unha nova bibliotecaria ao centro de lectura municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

Dende esta semana, a Biblioteca Municipal de Neda, unha das máis veteranas da comarca, conta con nova bibliotecaria. Unha medida obrigada pola recente xubilación do anterior coordinador cultural, Manuel Pérez Grueiro, despois de catro décadas de servizo. Así, e dado que a lei non permite a contratación de persoal nestes momentos para cubrir postos vacantes, o Concello viuse obrigado a realizar unha reordenación de funcións pola que a animadora sociocultural asume novas competencias e se libera da atención á Biblioteca.

Así as cousas, e para cubrir ese baleiro, a Administración local invitou a tres empresas da zona e, valoradas as propostas por parte de Secretaría e de Intervención, contratouse á firma Xemade, despois de que presentase a mellor oferta económica. Unha empresa que xa organiza e presta as actividades culturais municipais. O obxectivo do Concello, como así foi, era manter os servizos e a atención na Casa da Cultura.

8 de xullo de 2014 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.