publicidade hoxe

Neda acolle a un obradoiro para cativos no que elaboran bocatas a base de conservas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

Os nenos e nenas de Neda teñen unha cita este venres, 1 de agosto, nas instalacións da piscina municipal. A partires das 17,00 horas, poderán participar na campaña “Ponlle as pilas ao teu bocata” que, promovida pola Consellería do Mar, busca incentivar o consumo de peixe entre os máis pequenos da casa. Con este obxectivo, celebraráse durante a tarde un obradoiro lúdico no que se motivará o consumo de productos do mar en conservas, o seu interese por este e as posibilidades que ofrece. O taller contempla actividades informativas, xogos e, sobre todo, unha actividade de elaboración de bocatas a base de conservas.

29 de xullo de 2014 | 13:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.