Música, auga e xogos na Batucada de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Nas xornadas de mañá e o sábado, 25 e 26 de xullo, terá lugar en Verín a celebración dunha nova edición da Batucada, baixo o lema “Agua, percusión, festa e diversión”.

Mañá 25 arrinca, a partir das 17 horas, a inauguración da Batucada con inchables infantís e xogos aptos para todas as idades, así como a actuación de Disco Móvil Jorge na praia fluvial de Verín. A partir das 22 horas, na praza García Barbón, música a cargo de John Axiom Live, Clode, London B2B Jonan e MartinezKrlos.

E xa o sábado 26 de xullo, día grande da Batucada, ás 16 horas terá lugar a Festa da Auga e a Escuma nas prazas Maior e García Barbón de Verín, con animación musical con Jorge e Vidal López (Cadena 100), xogos e moitas sorpresas. Ás 19 horas, comezará a Ruta da Batucada, coa participación das batucas Pomdart e Ipum e a charanga Fuego, que percorrerán a rúa Maior, praza do Rei, avenidas Luis Espada e Portugal, rúas Montemaior, Laureano Peláez e Irmáns Moreno ata o Pavillón Municipal de Deportes de Verín. A partir das 23.30 horas, concertos de Comando Katana e Supersandwich nas prazas Maior e García Barbón, e ao rematar música coas batucas e charanga participantes na Ruta da Batucada.

A grupo coruñés Supersandwich chega a Verín na xira que están facendo por diversas cidades e vilas peninsulares do o seu primeiro disco, titulado co nome do grupo. Os seus concertos son unha auténtica festa, con hora e media do funky máis bailable e discotequeiro. Mentres que Comando Katana, grupo de rap e ragga, xa actuou xunto a artistas como Nach, Sho-Hai ou Hermano Ele; pasando por algúns dos festivais máis destacados do xénero hip-hop, como Hipnotik, Microfest ou Reggeboa. O seu directo ofrece rapeos trepidantes, tempos medidos ao milímetro e actitude a raudais. Estas dúas actuacións están organizadas polo Concello de Verín e patrocinadas en conxunto coa Consellería de Cultura a través do programa Cultura no Camiño.

24 de xullo de 2014 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.