publicidade hoxe

Mostra de artesanía dos rapaces da Asociación Íntegro no Faro Vilán de Camariñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCamariñas
A-
A+

Durante a tarde deste venres 4 de xullo, de 16:00 a 19:00h os rapaces da Asociación Íntegro (Asociación para a Diversidade Funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra) volverán a estar no Faro Vilán de Camariñas para facer demostracións en vivo da súa artesanía e das últimas novidades que aprenderon durante este curso: bisutería, traballos con fieltro, cestería, etc.

Ademáis esta é a última semana para visitar a exposición de pintura das artistas coruñesas, Pilar Pastoriza e Carmen Subila que nos acompañará ata o domingo. A partir do mércores 9 de xullo e ata o 31 de agosto xa se poderá visitar a nova exposición “Son do Mar” de pintura e escultura cerámica de José Garrido e YanoYoro que nos traerán algo completamente diferente ao visto ata o momento na sala de exposicións do Faro Vilán de Camariñas.

2 de xullo de 2014 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.