Mos pon a punto a Piscina Municipal durante o parón estival

A alcaldesa de Mos na visita ás instalacións
O concelleiro de Deportes mosense, Isidoro Táboas, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitaron esta mañá as obras nas instalacións da Piscina Municipal do Pavillón Óscar Pereiro, que se atopan pechadas este mes polo parón de vacacións estivais.
O máis salientable destas obras, tal e como declarou hoxe o propio edil Isidoro Táboas, é a reparación do tellado para evitar filtracións de auga ó interior do edificio durante os días de intensas choivas no inverno. Sobre esta importante reforma o concelleiro mosense de Deportes explicou que non se puido facer ata o de agora debido as inclemencias meteorolóxicas que non permitiron, ata a chegada do bo tempo, a acometida destes traballos fundamentais para esta instalación deportiva.
Os traballos de mellora, centrados este ano na propia piscina de entre as dependencias de todo o complexo deportivo Óscar Pereiro, contemplan ademais e como cada ano o valeirado e limpeza do vaso, reparacións na parte exterior do mesmo tales coma pintado e adecentamento –entre outras-, otimización dos vestiarios con renovación de grifería entre outras melloras, etc.
Por último, dende a administración local informouse tamén de que, previamente a todos estes traballos arriba descritos, o Concello aproveitou ademais para facer melloras eléctricas en todo o complexo deportivo Óscar Pereiro, consistentes na optimización do sistema de cableado e iluminación, en aras de favorecer a eficiencia enerxética nestas instalacións.
As obras na Piscina Municipal prolongaranse durante todo o presente mes de xullo e están a ser relalizadas con medios municipais. A reapertura da piscina para uso e desfrute dos seus usuarios farase o vindeiro día 1 de agosto.











