Mon Barreiro participa no Clinic Internacional Unidos ao Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O fútbol sala foi protagonista os días 27 e 28 de Xuño na cidade portuguesa de Oliveira de Azeméis, onde tivo lugar a celebración do 1º Clinic Internacional Unidos ao Futsal. O evento levouse a cabo grazas á organización Unidos ao Futsal, e reuniu a adestradores de fútbol sala chegados de todas as cidades do país luso.

Mon Barreiro, foi un dos encargados de impartir 2 dos relatorios impartidos durante o Clinic. Na primeira expuxo como é o traballo nas categorías inferiores no noso club; e a outra, un relatorio práctico sobre o traballo da Toma de Decisións no Futbol Sala

Tamén participaron no evento o seleccionador luso Jorge Braz e o adestrador do A.S.D ASTI Càlcio A5, Tiago Polido. O comentarista da Ràdio e Televisao de Portugal , Pedro Catita, foi o moderador dos relatorios.

A participación de Mon Barreiro nas conferencias do 1º Clinic Internacional Unidos ao Futsal reflicte o gran traballo que desde o Santiago Futsal realízase para ser un referente a nivel de traballo nas categorías inferiores, así como manter ao equipo na máxima categoría do fútbol sala nacional, e o exemplo que diso se reflicte a nivel internacional.

28 de xullo de 2014 | 13:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.