México interésase pola enxeñaría galega para desenvolver as súas infraestruturas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorVigo
A-
A+
Francisco Conde na reunión con membros de AGEINCO

Francisco Conde na reunión con membros de AGEINCO

Membros de AGEINCO (Asociación Galega de Empresas de Enxeñaría e Consultoría) reuníronse onte en Vigo coa asesora do secretario de Desenvolvemento Agrícola Territorial e Urbano de México, Beatriz Gamboa Lago; co conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde López e a director da área de Internacionalización do IGAPE, Abel Veiga Copo. O obxectivo desta reunión foi presentar o potencial da enxeñaría galega para buscar oportunidades de negocio en México. O conselleiro de Economía e Industria resaltou que México é un dos países de Latinoamérica máis receptivo con Galicia. Pola súa banda, a asesora mexicana Beatriz Gamboa encomiou a calidade da enxeñaría galega, das mellores do mundo, e as grandes posibilidades presentes e futuras que as empresas de AGEINCO pode atopar en México. Centrándose nas posibilidades de investimento futuro, Beatriz Gamboa faloulles das necesidades máis perentorias como son: un Plan de Vivenda e un de Transporte, onde as infraestruturas ferroviarias teñen un papel moi importante. Andrés Soage, presidente de AGEINCO lembrou que “a maioría das empresas desta asociación teñen experiencia no ferrocarril, así que encaixarían con todos os requisitos e necesidades de devandito país”. Ademais a asesora mexicana tamén fixo fincapé nas necesidades tamén de enxeñarías especializadas, tamén engadiu que o investimento en infraestruturas xera moito traballo en México, así que é un camiño polo que se está apostando. AGEINCO e a asesora quedaron emprazados para unha futura reunión na que as empresas presentarán posibles proxectos que esperan que se cristalicen en futuras actuacións.

Do dezaoito compañías que integran AGEINCO (Asociación Galega de Empresas de Enxeñaría e Consultoría), sete xa se atopan no ámbito internacional e traballando en México: AQUATICA, COTECNO, EGYS, GOC, ICEACSA, SGS e TYPSA.

Latinoamérica é o destino preferido por estas enxeñarías, que teñen presenza en países como Brasil, Colombia, Panamá, Perú, República Dominicana, Nicaragua, México e Bolivia. “A estabilidade sociopolítica e a amplitude dos mercados son importantes características á hora de elixir un mercado”, explica Alfredo Domínguez, director de xestión de GOC. Para algunhas empresas, a carga de traballo noutros países está a axudar a soportar a profunda crise económica que vive España e, como consecuencia, á escasa obra pública que se está licitando no noso país.

Os labores de consultoría destas empresas de enxeñaría galegas tamén están a ter os seus resultados fóra de España. De feito, empresas de AGEINCO participaron no proxecto de construción dunha nova praia artificial en Campeche (México).

9 de xullo de 2014 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.