Mellora do contorno do Pazo de Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e os concelleiros mosenses de Vías e Obras e de Saneameno e Abastecemento, Alberto Méndez e Camilo Augusto, respectivamente, visitaron esta mañá as obras de mellora do contorno do Pazo de Mos que están a ser acometidas estes días.

Os traballos consisten no asfaltado da entrada e o aparcadoiro exterior do Pazo que suman unha superficie total de 1.200 metros cadrados, ademais da execución dunha mellora da rede de recollida de augas pluviais e sumidoiros, así coma a construcción dun muro de contención pola parte baixa lindando co Camiño de Santiago no lugar da Rúa.

Estas obras estaban previstas para este ano 2014, e aproveitouse a celebración esta fin de semana – concretamente o sábado 26 de xullo – da Final da Liga Galega de Bandas de Gaitas no Pazo dos Marqueses de Mos para levalas a cabo. Trátanse duns traballos financiados con fondos propios municipais do Concello de Mos.

Segundo declarou a rexedora local mosense esta mañá, con estas obras de mellora preténdese “facilitar ós usuarios, visitantes do Pazo e veciños da zona o acceso ó edificio e o estacionamento nas inmediacións do mesmo”.

Asimesmo Arévalo manifestouse encantada de que “dende o Concello poidamos axudar con estas melloras á Fundación Pazo de Mos, continuando deste xeito coa liña habitual de colaboración estreita que dende a administración local mosense mantemos con tódalas asociacións do municipio”, explicou.

24 de xullo de 2014 | 13:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.