Maxi Kleber é o novo fichaxe do Rio Natura Monbus

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Maxi Kleber

Maxi Kleber

O Rio Natura Monbus chegou a un acordo con Maximilian Kleber para a súa contratación para as dúas próximas tempadas. Esta á-pivote alemán de 2,07 metros e 22 anos procede do Wuerzburg, equipo no que desenvolveu toda a súa traxectoria e co que promediou na pasada tempada 9.9 puntos (49% en tiros de dous, 33% en triplos e 75% en libres) e 6.7 rebotes na BBL xermana.

“Maxi é un xogador novo, con potencial e capacidade atlética. Tamén ten calidades como o lanzamento exterior, o rebote ou o uso do bote para atacar o aro que o converten un xogador completo. Tivo propostas económicas máis elevadas do seu país, en equipos de competición europea, pero finalmente decidiu apostar por crecer connosco. Hai varias semanas estivo en Santiago para coñecer a cidade, o club e ao equipo técnico e estamos contentos de que finalmente decida incorporarse ao noso proxecto”, afirma o director xeral do club, José Luís Mateo.

2 de xullo de 2014 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.