Malas e boas noticias para a Ximnástica de Pontevedra no nacional xuvenil
Comezou a xornada matinal do Campionato de España Xuvenil con roldas eliminatorias dos 100 metros; Darío Costas fíxoo moi ben na terceira serie, gañándoa con 11.03. Nas semifinais da tarde, Darío cumpriu o obxectivo, previo á competición, de clasificarse á final ao ser segundo na súa carreira con 11.01, moi preto dos 10.98 que fixo hai un mes de marca persoal. A medalla tívoa moi complicada co sétimo tempo dos 8 finalistas, só puido ser sexto con 11.23, polo vento contrario. Para mañá Darío competirá de novo na proba de salto de altura.
Alfonso Pérez tivo unha das súas carreiras máis estrañas, no momento da saída da primeira semifinal dos 400 metros, empezou a chover, durante a carreira, aumentou a intensidade da choiva e na recta final caeu o diluvio universal que obrigou a parar o Campionato, despois o Xuíz Árbitro expuxo o repetir a proba pola intensidade da choiva, pero ao final non se repetiu e confirmouse a vitoria de Alfonso na súa semifinal con 50.19 e o pasaporte para a final de mañá ás 17:25 horas.
O último en competir foi Jorge Puig nos 800 metros, con algo de atraso por culpa da suspensión temporal da competición pola choiva. O acceso á final estaba moi complicado, só o gañador de cada eliminatoria pasaba directamente, máis os catro mellores tempos.
A Jorge escapóuselle por só 5 centésimas o posto de finalista, foi terceiro na súa serie con 1.57.26 e a esas 5 centésimas quedou o segundo da súa carreira que si se meteu na final.
Para mañá ademais de Darío e Alfonso, competirá Elvira Okutu na proba de salto de lonxitude feminina ás seis e media da tarde.











