publicidade hoxe

Macrolegado de Tibu con carácter solidario na Cañiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

macrolegado-tibu-canizaEste Sábado KANALLA levará a cabo un Famoso e popularizado MACROLEGADO DE TIBU que desde as redes Sociais revolucionou a comunidade, aproveitando que a orixe deste é BENEFICO, propuxéronse realizar o propio evento desta forma, combinando a parte divertida deste e a parte Benéfica.

Para iso este próximo Sábado realizarase o evento na Sala-Discoteca da Cañiza, onde ademais de mollarse con auga, terminarase a festa con Canóns de Espuma, mesturando así as dúas festas mais divertidas de calquera verán e realizando o Legado de Tibu máis grande da zona do Condado.

Na parte Solidaria do Evento, parte da Entrada deste Sábado irá destinada ao Almacén Solidario de Alimentos da Cañiza, entregando en diñeiro en metálico o que se recade esa noite na Sala.

Doutra banda, e desde o FACEBOOK (www.facebook.com/kanallasoy) levarase a cabo unha CAMPAÑA chamada “1 LIKE= 1 QUILO”, a través da rede social Facebook subirase unha FOTOGRAFIA promocional do evento na que se fara un chamamento a todos os seguidores para que con cada LIKE que se consiga nesta fotografía se cambie por 1 Quilo de alimentos que se doará ao mesmo almacén solidario.

16 de xullo de 2014 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.