Lúa Piñeiro queda a un paso das medallas no Open Internacional de Corea
Estivo moi preto. Lúa Piñeiro (-67 quilogramos) quedou a só un pasiño de loitar polas medallas no Open Internacional de Corea. A galega caeu nos cuartos de final fronte a Croacia por un axustado 1-2. No primeiro combate, a caldense enfrontouse a campioa de Xordania, que con anterioridade eliminara a unha coreana. Lúa superou a xordana por un curto 6-5. No seguinte cruce tivo como rival á representante de Vietnam, e nesta ocasión, a galega foi moi superior (5-1) e deu un paso máis, nesta oportunidade aos cuartos de final, Era o combate decisivo, porque significaba poder loitar polas medallas.
Enfronte, Croacia, unha potente rival, e a galega plantou cara e loitou ata o final pola vitoria, aínda que caeu a favor de Croacia por 1-2. A pesar de non entrar nas semifinais, Lúa volve a sumar importantes puntos para o ránking mundial, co obxectivo dos Xogos de Río na cabeza. Neste torneo sumou 4,36 puntos máis. Con esta competición remata unha longa viaxe que se iniciou o día 22 de xuño, data na que deu comezo a concentración en Madrid. Trala concentración e as viaxes a China e Corea, a taekwondista galega regresará a casa.











