Lúa Piñeiro compite no Open Internacional de Corea

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

A galega Lúa Piñeiro (-67 quilogramos) ten por diante outro importante reto. Mañá competirá no Open Internacional de Corea, que se disputa na cidade de Gyeongju. Este torneo ten categoría G-2, polo que son moitos os puntos en xogo para seguir escalando posicións no ránking mundial, cara aos Xogos Olímpicos.

Con esta competición remata unha longa viaxe que se iniciou o día 22 de xuño, data na que deu comezo a concentración en Madrid. Alí estivo xunto ao resto do equipo nacional ata o 29 de xuño, e despois viaxe para China, para participar no Grand Prix, e agora ata Gyeongju. Hoxe celébrase a pesada na súa categoría e mañá será o momento de saltar ao tapiz para competir. Lúa está exenta do primeiro combate e no segundo terá que enfrontarse a gañadora do duelo entre a campioa de Xordania e unha coreana.

Será unha tarefa dura dado o alto nivel dos competidores, pero Lúa enfronta o reto co máximo optimismo e moi ben preparada. Xunto a Lúa Piñeiro tamén están en Corea a viguesa Andrea Rica (agora na tarefa de fisioterapeuta) e o técnico Marco Carreira. Unha moi boa representación do taekwondo galego en diferentes facetas.

15 de xullo de 2014 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.