Juárez considera que Hernández dará estabilidade e tranquilidade a Santiago
O delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, que acudiu este martes á toma de posesión do novo alcalde de Santiago, Agustín Hernández, opinou que o exconselleiro de Medio “vai dar estabilidade e tranquilidade” ao Concello, que o “merece”.
Juárez destacou que Hernández é “unha persoa perfectamente preparada” e que comeza agora “unha nova etapa na súa vida profesional e política”, na cal, segundo asegurou, lle prestará o seu apoio “na medida do posible”.
“É unha nova etapa na súa vida profesional e política na cal todos os que poidamos botarlle unha man na medida do posible o imos facer”, resaltou en declaracións aos medios de comunicación á súa entrada ao Pazo de Raxoi.
O delegado do Goberno accedeu á Casa do concello sobre as 12,00 horas, mentres na Praza do Obradoiro en torno a un centenar de persoas protestaban tras un cordón policial en contra da toma de posesión de Hernández.











