Juan Manuel López Labrada releva a Santiago Seijas na presidencia de AJE Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoLugo
A-
A+
Nova presidencia da AJE Lugo

Nova presidencia da AJE Lugo

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo (AJE Lugo) celebrou onte a última hora da tarde reunión da súa asemblea xeral con carácter electoral, na cal se procedeu a unha renovación da súa xunta directiva: Juan Manuel López Labrada, da empresa PyH Ingeniería, foi proclamado como novo presidente por unanimidade, en lugar de Santiago Seijas Alfonso do Grupo Vitae.

Incorporáronse tamén a esta directiva Jorge Rois Merino de Macrocopia, como vicepresidente, e José Miguel Fernández Pérez de Xuntos Economistas como Tesoureiro. Carmen José López Rodríguez de Lustrum Abogados e actualmente presidenta de AJE Galicia mantense na secretaría xeral da Asociación, así como Blanca de Cora García de El Progreso e Ramon Campello Castro de Tecvipro Sistemas, que continuarán nas vogalías da Xunta.

Apoio ao xove empresario

O novo equipo directivo continuará co traballo mantido ata o de agora de apoio ao xove empresario de Lugo, na liña de fomento da actividade empresarial da provincia e apoio aos que empezan, e intentará ampliar a base social do colectivo.

No marco da asemblea de onte tamén se aprobou a memoria e as contas anuais correspondentes ao exercicio 2013.

3 de xullo de 2014 | 13:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.