Javi Río incorpórase ao primeiro equipo do Azkar Lugo
O xove xogador lucense Javier Río Lamas (20 anos), incorporarase ao primeiro plantel de Azkar Lugo FS a partir da próxima tempada, uníndoo así á súa traxectoria por todas as categorías inferiores do club desde a suaincorporación á temprana idade de 3 anos, o cal reforza aínda máis o traballo de canteira que se realiza na Escola Terra.
O pívot, que realiza os seus estudos universitarios na cidade de Lugo, terminou a tempada pasada como máximo goleador, con 35 goles, do Grupo I da Segunda División B completando unha excelente tempada no Azkar Lugo B.











