IV Andaina á Romaría da Madanela
O Concello do Carballiño organiza o martes 22 de xullo unha andaina á Ruta da Madanela. A saída está prevista para as 10.00 h. dende a Pista Vermella. A andaina terá unha distancia aproxidama de 10 quilómetros cunha dificultade media. A inscrición é gratuita e deberá realizarse na Área de Deportes do Concello do Carballiño. Os asistentes recibirán como agasallo un pano e picnic. O regreso está previsto para as 15.30 h. en microbus.











