Irene Trabazo e Daniel Rodríguez proclámanse subcampións de España de Ciclismo en categoría cadete

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportes
A-
A+
Irene Trabazo e Daniel Rodríguez no podio

Irene Trabazo e Daniel Rodríguez no podio

Terminaron os Campionatos de España de Ciclismo en Idade Escolar que se celebraron en Xaén, con dous compoñentes de Galicia no podio final con senllas medallas de prata para os representantes cadetes.

Na primeira das probas disputadas na mañá do domingo Irene Trabazo, coñecedora do potencial das rivais meteuse na escapada boa e compuxeron un grupo selecto de sete que sería o que loitaría polo triunfo final, con premio para Sandra Alonso de Valencia ante Irene que puido conseguir o segundo posto, proclamándose Sub-Campioa de España. Moi boa carreira tamén de Andrea Tomei que formou parte do grupo perseguidor de 14 unidades, clasificándose no posto 17 a 2’12”’ da vencedora. Zaida González e Rodesinda Fernández foron 34ª e 37ª respectivamente.

Na proba de cadetes masculinos Galicia tamén obtivo un sub-campionato de España da man de Daniel Rodríguez que se impuxo nun sprint masivo de 33 corredores que entraron a 11 segundos do gañador, e novo Campión de España, o castellonenco Pablo Velázquez que a falta de dous quilómetros saltou do grupo para conseguir a camisola e a medalla de ouro. José Carlos Amil clasificou no posto 35º, Ramón Méndez o 41º e Íñigo Rodríguez, o 42º. José Roberto Chas entro no posto 60. Moi boa actuación por tanto de todo o combinado galego, dirixido por José Anxo Vidal e Guillermo Sande, que obtivo como premio estes dous Sub- Campionatos de España.

7 de xullo de 2014 | 12:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.