Ioga, Tai-Chi, Dalle Ritmo e Fitball entre as actividades gratuítas en Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Debido á gran demanda que rexistran as Actividades Dirixidas ó Aire Libre, incluídas no “Programa Deportivo de Verán”, o Concello decidiu ampliar o seu horario e ofertalas tamén polas tardes a partir do vindeiro luns.

Con esta decisión, bríndase a oportunidade de realizar unha actividade física totalmente gratuíta e con monitores especializados, a aquelas persoas que non poden realizalas en horario de mañá, ben sexa polas súas obrigas laborais ou familiares.

As Actividades Dirixidas ó Aire Libre son totalmente gratuítas e non precisan de inscrición previa, só hai que achegarse ata o lugar onde se celebran os días e horas sinalados.

Desde o día 1 de xullo ata o día 8 de agosto, as persoas maiores de 16 anos poden participar en sesións gratuítas de Tai Chi, Ioga, Dalle Ritmo e Fitball, actividades que se levan a cabo en horario matinal e, dende o luns día 7 tamén en horario vespertino, no parque dos Condes e no Malecón.

O concello de Monforte deseñou un amplo e variado programa de actividades de carácter lúdico e deportivo que se desenvolve durante os meses de xuño, xullo e agosto e que engloba diversas actividades para tódalas idades .

Toda a información sobre as Actividades Dirixidas ó Aire Libre (horarios, datas, lugares de realización) atópase en documento adxunto a esta información.

4 de xullo de 2014 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.