Inscricións abertas para a Ruta Marítima do IEM que cubrirá Baiona – Oia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

A vindeira Xeira do IEM será unha visita en barco pola ruta Baiona – Oia, que terá lugar o próximo mércores 6 de agosto. Partirase do Porto de Baiona ás 21:15 debendo presentarse os viaxeiros a partir das 20:30 horas. A costa baionesa, o faro do Silleiro e principalmente o Mosteiro de Oia centrarán a guía que desenvolverá o arqueólogo Xosé Lois Vilar. Para participar hai que facer unha inscrición previa que detállase a continuación:

Pasos para inscribirse na Xeira Marítima do mércores 6 de agosto.

1)Abonar previamente a viaxe na conta do IEM 2080.5035.07.3040014164, de ABANCA (ex Novagalicia Banco). Importante: ao facer a transferencia ou depósito débese colocar “BARCO 06/08” no “Concepto”.

2) Este abono deberá ser confirmado 48 horas antes da saída do barco ao correo electrónico oficina@minhor.org , ou no teléfono 986360575 de luns a venres de 10 a 13 e de 18 a 22 horas.

3) Ao confirmar xa sexa por correo electrónico ou por teléfono, deberá darse o nome completo de todos os viaxeiros polos que se pagou. Indicar se algún é menor de 12 anos ou socio do IEM. Deixar un teléfono de contacto

Importante: Non se admitirá a bordo a ninguén que non cumpra con estas condicións.

Prezos

Público en xeral : 12 euros.

Socios do IEM: 10 euros.

Menores de 12 anos: 10 euros

Nota: Nestas rutas marítimas a organización resérvase o dereito de anular a saída de non acadarse o mínimo de 100 viaxeiros.

Lembramos que a Xeira marítima terá lugar o día mércores 6 de agosto e o punto de encontro será no porto de Baiona a partir das 20:30 horas para saír ás 21:15 horas.

31 de xullo de 2014 | 11:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.