Inscricións abertas para a ruta de naufraxios polo mar de Cíes coa guía de Xosé Lois Vilar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

A vindeira Xeira do IEM deste verán é unha visita en barcopola ruta de naufraxios polo mar de Cíes, que terá lugar o mércores 23 de xullo. Partirase do Porto de Baiona ás 21:15 horas cara ás Illas Cíes.Na viaxe falarase da historiadeses barcosque naufragaron ea súa pegada natalasonimia e a vida dos mariñeiros, percebeiros, argaceiras da zona.Contarase coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar. Para participar hai que facer unha inscrición previa que detállase a continuación.

Pasos para inscribirse na Xeira Marítima do mércores 9 de xullo.

Para asistir á Ruta marítima pola Ría Baiona é preciso:

1)Abonar previamente a viaxe na conta do IEM 2080.5035.07.3040014164, de ABANCA (exNovagalicia Banco). Importante: ao facer a transferencia ou depósito débese colocar “BARCO 23/7” no “Concepto”.

2) Este abono deberá ser confirmado 48 horas antes da saída do barco ao correo electrónico oficina@minhor.org , ou no teléfono 986360575 de luns a venres de 18 a 22 horas.

3) Ao confirmar xa sexa por correo electrónico ou por teléfono, deberá darse o nome completo de todos os viaxeiros polos que se pagou. Indicar se algún é menor de 12 anos ou socio do IEM. Deixar un teléfono de contacto

Importante: Non se admitirá a bordo a ninguén que non cumpra con estas condicións.

Prezos

Público en xeral : 12 euros.

Socios do IEM: 10 euros.

Menores de 12 anos: 10 euros

Nota:Nestas rutas marítimas a organización resérvase o dereito de anular a saída de non acadarse o mínimo de 100 viaxeiros.

Lembramos que a Xeira marítima terá lugar o día mércores 23 de xullo e o punto de encontro será no porto de Baiona ás 21:15 horas.

16 de xullo de 2014 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.