Iker López reforza a portaría do Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Iker López

Iker López

O porteiro internacional sub-21 Iker López, asinou co Santiago Futsal para a próxima tempada. O xogador e o Santiago Futsal chegaron a un acordo para que o gardameta forme parte do persoal santiagués a próxima tempada.

Con tan só 21 anos xa debutou na máxima categoría do futbol sala nacional e defendido a portaría de Inter Movistar, en varias ocasións.

Terceiro porteiro do conxunto madrileño e peza crave no filial da 2ª División B, é unha firme aposta do conxunto galego para formar un novo persoal de face á consecución dos obxectivos da próxima tempada do Santiago Futsal.

Santi Valladares, adestrador do Santiago Futsal, resalta a valentía baixo paus do novo gardameta: “Porteiro de gran proxección dentro da xeración de porteiros desta idade. Ante a chamada do club mostrou moita ilusión e vén con moitas ganas de traballar para gañarse minutos. A nivel deportivo, é un porteiro valente, con moita marxe de mellora, sendo a súa característica fundamental a sobriedade baixo paus.”

18 de xullo de 2014 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.