publicidade hoxe

II Trofeo Concello de Tomiño de Futvolei e o III Torneo Fútbol Praia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesTomiño
A-
A+

Esta fin de semana o Espazo Fortaleza de Goián, Tomiño, acolle o II Trofeo Concello de Tomiño de Futvolei e o III Torneo Futbol Praia.

Despois do éxito do II Torneo de Balonmán praia celebrado no mes de xuño neste mesmo espazo e que contou coa participación de case un milleiro de deportistas, 94 equipos, Tomiño acolle esta fin de semana duas probas máis enmarcadas dentro da programación de “Verán Deportivo” en Tomiño.

II Trofeo Concello de Tomiño de Futvolei celebrarase o sábado, 12 de xullo entre as 15:30 e 20:30 na categoría senior libre.

O domingo, 13 de xullo, a pista de area do Espazo Fortaleza de Goián, acollerá o III Torneo Futbol Praia Concello de Tomiño. En horario, de 10:00 a 20:00h nas categorías senior masculino, feminino e Sub 16.

8 de xullo de 2014 | 12:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.