Iago Fernández Blanco e Andrea Díaz Iglesias gañan os concursos de relatos e debuxo da I Feira Terras de Lancelot
Iago Fernández Blanco, de nove anos, e Andrea Díaz Iglesias, de sete, foron os gañadores dos concursos de relatos e de debuxo convocados no marco da I Feira de Artesanía Terras de Lancelot. Unha cita que se celebrou entre o venres e o domingo no Paseo da Mariña de Cedeira e que promoveu o Concello coa dirección do historiador da arte Manuel Aneiros Loureiro. Un xurado formado por este último; o historiador e cronista oficial da vila, Rafael Usero, e o xornalista e abogado Manuel Díaz Maseda, elixiu os traballos de ambos nenos.
A redacción de Iago Fernández, titulada “Cuenta la leyenda…”, narraba a historia de Lancelot, a súa amada e a Cedeira medieval. Pola súa banda, Andrea Díaz fixose co primeiro premio no concurso gráfico grazas a un traballo interdisciplinar titulado “Lancelot y el secreto del Lago desaparecido”, no que, cunha gran forza imaxinativa e interpretativa, describe, literaria e graficamente , unha aventura do cabaleiro. Os criterios que guiaron a decisión foron a calidade das obras e a idade dos participantes, así como a forza imaxinativa e a creatividade. Ademáis, o xurado tamén valorou aqueles traballos que vincularon, dunha forma ou outra, a figura do cabaleiro Lancelot de Lago coa vila de Cedeira.
Feito que inspirou a organización propiamente da feira. O éxito da feira, tanto no aspecto participativo nos concursos, como de artesáns e mercaderes e de público en xeral, leva á organización a plantearse a continuidade da cita en vindeiras edicións, engadindo novas actividades ao evento e mellorando os concursos de cara a animar a nenos e mozos a interesarse pola lenda do cabaleiro Lancelot, a época do Medievo e a historia de Cedeira.











