Hugo Sánchez continuará como peza crave do Santiago Futsal as dúas próximas tempadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Hugo Sánchez, seguirá vestindo a camiseta do Santiago Futsal dúas tempadas máis tras chegar a un acordo o club e o xogador para ampliar unha vinculación que comezou a pasada tempada. Desde a finalización da pasada campaña ambas as partes mostráronse predispostas a asinar un novo contrato que garante ao club contar cun xogador que encaixou á perfección na filosofía de traballo do club desde a súa chegada e que foi mellorando o seu rendemento de forma moi destacada co paso das xornadas até converterse nunha xogador clave do primeiro persoal.

11 de xullo de 2014 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.