Honda regresa ao Festival de Xardíns de Allariz para traer máis tecnoloxía e medio ambiente aplicado á maquinaria
Da man de HONDA a tecnoloxía volta a Allariz para dar unha nova charla sobre medio ambiente aplicado á maquinaria. Esta nova exposición terá lugar o venres 11 de Xullo no Festival Internacional de Xardíns de Allariz.
A cargo da charla contarase de novo con Pedro Sillero, que, tras expor a semana pasada o robot cortacéspede, este venres amosara novas técnicas e tecnoloxías para o coidado de xardíns. O acceso é totalmente gratuíto para todos aqueles que queiran continuar a súa formación no coidado de xardíns, así como para calquera que se queira iniciar neste ámbito. Non é necesaria experiencia previa na materia, tan só se precisa interese por esta actividade.
A charla contará, ademais con diversas demostracións do funcionamento da maquinaria, o que permite ao ouvinte entender o modo de traballo de dita maquinaria á vez que se garante una formación máis rápida e eficaz.
O responsable de formación e comunicación incitará á participación dos ouvintes e atenderá todas as dúbidas e inquedanzas que se poidan presentar durante a charla. Dende o Concello convidase á asistencia desta actividade que pon en contacto directo coa natureza a todo aquel que o desexe.











