publicidade hoxe

Homenaxe local para o Rápido de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+
Homenaxe ao Rápido de Neda

Homenaxe ao Rápido de Neda

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, presidiu onte o acto de homenaxe ao Rápido de Neda no Centro Cívico da localidade. Un acto no que o rexidor, en nome da corporación, felicitou ao equipo local polos éxitos colleitados este ano, cando lograron un histórico ascenso á 1ª Autonómica. Así mesmo, Ignacio Cabezón trasladoulle á directiva e aos xogadores que o Concello apoiará especialmente ao equipo este ano, financiando o custe en autocar dos desprazamentos que precisen realizar no transcurso da Liga. O acto rematou coa entrega dunha placa conmemorativa e un churrasco.

4 de xullo de 2014 | 11:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.