Homenaxe ao Rápido de Neda no Centro Cívico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda convoca a veciños e veciñas a participar mañá xoves no acto de homenaxe que organiza no Centro Cívico, a partires das 20,30 horas, na honra do Rápido de Neda en recoñecemento ao traballo realizado ao longo da presente tempada, na que o equipo local de fútbol conseguiu un histórico ascenso á 1ª Autonómica, regresando á categoría vintecinco anos despois. O acto consistirá na recepción ao equipo por parte da corporación municipal. Así mesmo, e tras os correspondentes discursos, o alcalde procederá á entrega dunha placa conmemorativa e, a continuación, está previsto que a plantilla asine no Libro de Ouro da real vila.

2 de xullo de 2014 | 12:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.