Guizán celebra as festas en honor a Santiaguiño e Santa Ana
A Comisión de Festas de Santiago e Santa Ana organiza o programas de festas , que se levará a cabo no Recinto de Santiguiño en Guizán a partires de hoxe xoves 24 xullo para rematar o vindeiro sábado día 26 día da festividade de Santa Ana
Hoxe a festa estará amenizada a partires das 22,30 horas polas orquestas Tango e Pontevedra. O Venres 25 día de Santiago Apostol oficiarase a Santa Misa ás 12,30 con procesión coa participación da Banda de Música de Torroso que tamén ofrecerá un concerto a partires das 20,00 h no recinto de festas. A noite rematará coas actuacións das orquetas Foliada e Triunfo..
Xa o Sábado festividade de Santa Ana celebrarase unha misa con procesión coa participación da Banda de Música Unión Cultural de Campolameiro que volverá a intervir nun concerto a partires das 20,00 h no mesmo recinto.Estas festas rematarán coa música das orquestas Milenium e Miramar a partir das 22,30 horas.











