Grupo Acanor será o novo patrocinador do Atlético Novas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesO Rosal
A-
A+
Presentación do novo patrocinador do Atlético Novas

Presentación do novo patrocinador do Atlético Novas

Grupo Acanor, empresa dedicada á sinalización e decoración gráfica, con sede no Baixo Miño e fábrica en Portugal, será o principal patrocinador do Atlético Novas, que pasará a denominarse Grupo Acanor Atlético Novas.

Esta mañá foi presentado no salón de actos do concello do Rosal, e deron a noticia o alcalde da localidade, que estivo acompañado de entidades políticas así como de representantes do club e do novo patrocinador.

Sen dúbida é unha gran noticia para o Atlético Novas e para o balonmán.

A directiva e os socios queren agradecer a aposta pola entidade rosaleira e esperan devolver con éxitos deportivos a confianza depositada.

O equipo, que aínda se atopa en proceso de confección, manterá a liña dos últimos anos e volverá aspirar a xogar a fase de ascenso, na cal quedou ás portas da gloria hai apenas dous meses.

5 de xullo de 2014 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.