Gran éxito de participación na sétima edición do campus de fútbol da Laracha
As actividades culturais e deportivas de verán que organiza o Concello da Laracha están a ter rotundos éxitos de participación desde que comezou a desenvolverse o programa a primeiros do presente mes de xullo.
O campus de fútbol que se está a ter lugar durante toda a semana no Campo Municipal da Laracha e que neste ano alcanza a súa sétima edición, conta con 115 participantes entre as dúas quendas: a primeira, dirixida a nenos de 5 a 9 anos de idade (de 10.00 a 12.00 horas) e, a segunda, para rapaces de 10 a 15 anos (de 12.00 a 14.00).
Desde onte luns e ata o sábado os rapaces están a realizar, baixo a supervisión de técnicos e monitores, diferentes actividades lúdico-deportivas sempre coa práctica do fútbol como marco referente. Ademais de divertirse, os rapaces poden mellorar as súas cualidades físicas, técnicas e tácticas.
José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha e Patricia Bello, concelleira de Deportes visitaron hoxe aos participantes no campus.
Esta actividade, como a maioría das que organiza o Concello da Laracha durante o verán, é totalmente gratuíta











