Gran apertura da novena Feira de Oportunidades do Morrazo
Mañá venres día 4 de xullo ás 18:00h procederase á apertura da Feira de Oportunidades do Morrazo, que este ano celebra a súa novena edición.
A carpa xa está instalada nas inmediacións dos Xardíns do Sinal (Alameda Nova) en Cangas, e conta cunha extensión de preto de 1000 m2. A esta hora remátase cos últimos detalles do interior para que os 25 stands participantes organicen os seus produtos.
Lembramos que os clientes atoaprán nesta feira a mercancía en stock que os comercios participantes de Bueu, Cangas e Moaña exporán a prezos dun 40% en adiante.
Os visitantes interesados, terán tres días para facer as súas compras.
A 9ª Feira de Oportunidades permanecerá aberta dende o Venres 4 ata o Domingo 6 de xullo no seguinte horario:
• VENRES 4: APERTURA ás 18:00h, ata as 23:00h.
• SÁBADO 5 E DOMINGO 6: de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 23:00h.
Coincidindo co período de Rebaixas, a feira supón unha alternativa ás grandes superficies, así como un punto de presentación dos establecementos da nosa comarca a todos os visitantes. Os clientes poderán facer compras con tarxeta, como se mercasen no seu establecemento habitual, dado que os expositores contarán con TPV inalámbrico.











