Goyo Jiménez e Joaquín Reyes; a Orquestra de Colonia e o grupo Izal entre as propostas do Jofe para a vindeira tempada
Os ciclos de monólogos e de grandes concertos “Son(S) do Jofre regresan o vindeiro mes de setembro ao Teatro Jofre da man da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado. O concelleiro avanzou hoxe aos grupos políticos municipais o contido desta nova programación cultural na comisión informativa da área celebrada esta mañá, e da mesma volve destacar o feito de que se trate dunha oferta plural tanto no sentido de que abrangue teatro, música, danza…, como pola presenza de espectáculos para todos os gustos e públicos.
Así, o humorista Goyo Jiménez; o grupo “Izal” ou a adaptación teatral da película “Amantes”, forman parte da proposta cultural do Concello de Ferrol para o mes de setembro no Teatro Jofre. Este menú complétase co espectáculo de danza familiar “Pinocho”; e un concerto de música clásica a cargo da prestixiosa Osquestra de Colonia. Ademais, García Hurtado adiantou os dous eventos que terán lugar na primeira semana de outubro no Jofre, que serán o musical para adultos “El Intérprete”; e o novo espectáculo de humor de Joaquín Reyes titulado “Que me aspen”.











