Gondomar repara camiños municipais por valor de 40.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

O Concello de Gondomar vén de finalizar os traballos de mellora en dous camiños nas parroquias de Borreiros e Couso. En concreto, procedeuse ao formigonado do vial situado en Borreiros e asfaltouse un camiño en Couso, segundo explica Jesús Salgueiro, concelleiro de Vías e Obras.

Este investimento, que alcanza os 40.000 euros, foi posible grazas á obtención dunha subvención da Consellería de Medio Rural de la Xunta de Galicia.

Coa adecuación destes camiños, o Concello de Gondomar segue atendendo as necesidades dos veciños das súas parroquias e mellorando as infraestruturas e seguridade vial do municipio.

9 de xullo de 2014 | 12:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.