Gallardón asegura que a Xustiza está a funcionar no caso do accidente do Alvia
O ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, subliñou este xoves, que a xustiza “está a funcionar” no caso do accidente do tren Alvia en Angrois e que a resposta xudicial e a esixencia de responsabilidade que piden as vítimas “vaise producir nos tempos axeitados”.
En declaracións a RNE, Gallardón asegurou que, a pesar do cambio na titularidad do xulgado, “se está a avanzar ben”, e que tanto este xulgado como a Fiscalía están a facer un “bo traballo”, aínda que no ano que transcorreu dende o accidente non se resolveran todas as responsabilidades.
O ministro tamén eloxiou o comportamento dos cidadáns tras o accidente, tanto o dos profesionais como o dos veciños de Angrois, destacando que practicaron a “solidariedade inmediata que practican todos os españois” neste tipo de situacións e que, segundo recordou, el tivo ocasión de vivir tamén nos seus anos como alcalde de Madrid.











