Funergal integra unha rede de feiras internacionais do sector funerario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseOurense
A-
A+

As feiras internacionais son un dos elementos craves para o fomento do negocio e da competitividade das empresas, xa que nelas reúnense os empresarios máis importantes de cada sector e son un marco insubstituíble para o establecemento de contactos, lanzamento de proxectos, difusión de información, etc. Conscientes disto, a organización de Funergal creou unha rede de feiras internacionais que permite que esta cita e por conseguinte, as empresas que nela participan e colabora (e en especial as galegas e do resto de España), poidan promocionarse nas principais citas do sector do mundo.

A Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios que se celebrará en Expourense os días 7 e 8 de novembro de 2014 está consolidada como un evento exclusivamente profesional, convertido nun referente no sector e cun número importante de participación de empresarios estranxeiros. A promoción internacional da próxima edición comezou no mes de marzo en Querétaro, en México, para participar en Expofuneraria, unha cita que supón a porta de entrada para produtos Españois no mercado latino.

Funergal participou ademais na gran cita internacional do primeiro semestre deste 2014, Tanexpo, en Bolonia (Italia), e que reuniu a máis de 16.000 profesionais de todo o mundo. Contou alí cunha caseta desde o que deu a coñecer as novidades da súa próxima edición, a única cita internacional do sector en España para este ano.

Ademais de con estas dúas feiras xa mencionadas, Funergal mantén convenios de colaboración coa Asia Funeral and Cemetery Expo & Conference (AFE) que se celebrou en Macao no mes de maio. O mesmo sucede coa cita organizada por National Funeral Directors Association (NFDA) nos Estados Unidos e con Necropexpo de Polonia que celebrarán a súa próxima edición en 2015. Todas estas citas internacionais terán ademais o seu espazo reservado en Funergal 2014.

Convenio con ALPAR

Funergal acaba de asinar un convenio de colaboración coa Asociación Latinoamericana de Parques Cemiterios e Servizos Exequiales (ALPAR), entidade internacional integrada por persoas e entidades dedicadas á Industria Funeraria e que está especializada na organización feiras e eventos onde se promovan os produtos e servizos de empresas asociadas que operan neste sector. O próximo evento que organizará esta asociación é o III Encontro Mundial da Industria Funeraria, que se celebrará entre os días 10 e 13 de setembro en Panamá.

Datos última edición Funergal

Durante a última edición de Funergal participaron un total de 82 expositores que foron visitados por ao redor de 4.000 profesionais, representando tanto a grandes compañías como a pequenas empresas de carácter familiar que se achegaron até Expourense a coñecer as últimas novidades dun sector que mostrou a súa capacidade de adaptación para innovar creando produtos e servizos adaptados á situación do mercado. España, Portugal, Alemaña, Reino Unido, Rusia, Italia, China e Estados Unidos.

24 de xullo de 2014 | 11:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.