publicidade hoxe

Frades celebra no río Maruzo o XI campionato municipal de pesca infantil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

O Concello de Frades organiza este sábado 26 de xullo a undécima edición do campionato municipal de pesca infantil, que terá lugar a partir das 10:00 horas no no río Maruzo ao seu paso pola parroquia de Céltigos. Trátase dunha actividade de participación libre e de balde, xa que o único requisito para participar é ter menos de 16 anos.

O Concello de Frades entregará agasallos a todos os participantes, así como unhas lambonadas. Tanto os novos pescadores como os seus familiares que se acheguen pola área recreativa poderán desfrutar dun pequeno almorzo para repoñer forzas unha vez rematada a competición.

24 de xullo de 2014 | 12:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.