Finalizan as obras de renovación do pavimento na rúa de acceso ao Faro de Punta Atalaia en San Ciprián

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

O Concello de Cervo informou hoxe de que xa están rematados os traballos de renovación do firme na rúa de subida ao Faro de Punta Atalaia en San Ciprián. En concreto a actuación abarcou dende a rotonda fronte á praia de Cubelas ata o faro. En canto aos traballos, pavimentouse de novo toda a rúa con aglomerado.

Unha vía que precisaba estas melloras xa que o firme atopábase degradado e facíase necesaria unha rexeneración, especialmente tendo en conta que se trata da única rúa pola que os coches poden circular para chegar ata o faro, un punto emblemático de San Ciprián, de moita afluencia e que constitúe ademais un foco de atracción turística.

Unhas obras que tiveron un custo de 27.300 euros que financiou a Autoridade Portuaria Ferrol-San Ciprián nunha das poucas zonas da vila nas que ten competencia e nas que pode actuar e que permiten dispoñer dun vial en perfectas condicións dentro do entorno urbano. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Obras, Pilar Armada comprobaron hoxe o resultado dos traballos.

8 de xullo de 2014 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.