Festival de Habaneiras en Vila de Cruces
O sábado, 26 de xullo de 2014, a partir das 18:00 horas, terá lugar un Festival de Habaneiras na área Recreativa da Carixa, en Merza (Vila de Cruces).
Participarán as seguintes corais:
– Coral Queixumes do Hío (Cangas)
– Coral Santa María de Castro Urdiales (Cantabria)
– Coral Moañesa (Moaña)
– Coral Airiños de Campañó (Pontevedra)
– Coral Polifónica de Piloño (Vila de Cruces)
Contarase tamén coa actuación do Quinteto de metais Merza Brass.











