Ferrol Vello acollerá unha nova edición do mercado medieval cun centenar de expositores
A Concellería de Festas do Concello de Ferrol, que dirixe Susana Martínez Galdós, organiza o Mercado Medieval de Ferrol Vello que se celebra dende mañá venres e ata o vindeiro luns, día 4 de agosto. Dende a organización se sinala que arredor de 110 expositores e postos de venda ofrecerán diferentes tipos de produtos gastronómicos, artesanais ou orfebrería. Os postos permanecerán abertos de 11:00 a 15:00 horas e de 18:00 a 00:00 horas, e a apertura da feira será mañá venres, a partir das 17:00 horas.
Este mercado tamén contará con animación musical e diversións para os máis pequenos e pequenas durante os catro días. Así, haberá unha zona infantil aberta en horario de 11:00 a 14:30 e de 17:00 horas a 23:00 horas. Ademais, haberá animación pola rúa, exhibicións de cetrería, espectáculos circenses, malabares, monicreques, cómicos, talleres de oficios, música e diferentes concertos.











